lunes, 5 de marzo de 2012

Muralla Romana de Lugo


A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Moitos séculos máis tarde, xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade.
Verdadeiramente é impresionante poder disfrutar desta muralla tan antiga, recomendovos que si vindes de viaxe a Galicia non vos olvidedes de pasar por esta maravilla.

martes, 14 de febrero de 2012

Torre de Hércules de A Coruña


A Torre de Hércules é unha torre e un faro situado na península da cidade de Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro romano de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de Xullo de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola UNESCO. A sua historia e que foi construída polos romanos a finais do século XIX aínda que na Idade Media quedou en ruinas. Co paso do tempo reparouse varias veces e fixéronlle escaleiras de acceso, fanais e falsos teitos. En 1993 elimáronse todos e cada uns dos engadidos anteriores. A lenda conta que Hércules chegou a costa que rodea a Torre e foi no lugar onde hoxe se sitúa a cabeza que enterrou do xigante Xerón despois de vencelo nun combate, e no lugar onde enterrou a cabeza ergueu unha torre, A Torre de Hércules.

E moi interesante e ten unhas vistas exepcionais e recomendovos que se tendes a oportunidade de poder ir visitala, que o fagades.


martes, 7 de febrero de 2012

A Catedral de Santiago de Compostela


A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para os reinos mediavais na península participasen nos movementos culturais da época: na actualidade seguem a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1.122 polo papa Calisto II declarou que sería o “Ano Santo” ou “Ano Xubilar” en Compostela todos os anos nos que o día 25 de Xullo, día de Santiago, coincidisen en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III en 1.179.
Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1.896, e cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi tamen declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1.985


martes, 31 de enero de 2012

Himno De Galicia




Os Pinos.
¿Qué din os rumorosos
na costa verdecente
ao raio transparente
do prácido luar?
¿Qué din as altas copas
de escuro arume arpado
co seu ben compasado
monótono fungar?
Do teu verdor cinguido
e de benignos astros
confín dos verdes castros
e valeroso chan,
non des a esquecemento
da inxuria o rudo encono;
desperta do teu sono
fogar de Breogán.
Os bos e xenerosos
a nosa voz entenden
e con arroubo atenden
o noso ronco son,
mais sóo os iñorantes
e féridos e duros,
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.
Os tempos son chegados
dos bardos das edades
que as vosas vaguedades
cumprido fin terán;
pois, donde quer, xigante
a nosa voz pregoa
a redenzón da boa
nazón de Breogán.












Eduardo Pondal 




lunes, 30 de enero de 2012


Galicia é unha comunidad autónoma española. Está formada por as provincias de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Galicia ten uns 2.796.089 habitantes. Santiago de Compostela e a capital de Galicia que esta dentro da provincia da Coruña, é Vigo que se atopa dentro da provincia de Pontevedra é o municipio máis poblado de Galicia con 297.332 habitantes. A letra do seu himno, Os Pinos, escrito por Eduardo Pondal, refirese a Galicia como a nación de Breogán, un heroe mitolóxico celta e está musicado por Paccual Veiga.

Non vou centrarme moito na súa historia se non nalgúns dos maravillosos lugares que contén esta nación.


Hola a todos ! Fago este blog para un traballo de informática de 4º da ESO do IES As Insuas, e asi para que si alguen o necesita poder coñecer un pouco mellor estes preciosos paisaxes. Espero que vos guste :)