martes, 14 de febrero de 2012

Torre de Hércules de A Coruña


A Torre de Hércules é unha torre e un faro situado na península da cidade de Coruña, que ten o privilexio de ser o único faro romano de orixe romana en funcionamento no mundo. O 27 de Xullo de 2009 foi proclamada Patrimonio da Humanidade en Sevilla pola UNESCO. A sua historia e que foi construída polos romanos a finais do século XIX aínda que na Idade Media quedou en ruinas. Co paso do tempo reparouse varias veces e fixéronlle escaleiras de acceso, fanais e falsos teitos. En 1993 elimáronse todos e cada uns dos engadidos anteriores. A lenda conta que Hércules chegou a costa que rodea a Torre e foi no lugar onde hoxe se sitúa a cabeza que enterrou do xigante Xerón despois de vencelo nun combate, e no lugar onde enterrou a cabeza ergueu unha torre, A Torre de Hércules.

E moi interesante e ten unhas vistas exepcionais e recomendovos que se tendes a oportunidade de poder ir visitala, que o fagades.


martes, 7 de febrero de 2012

A Catedral de Santiago de Compostela


A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para os reinos mediavais na península participasen nos movementos culturais da época: na actualidade seguem a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1.122 polo papa Calisto II declarou que sería o “Ano Santo” ou “Ano Xubilar” en Compostela todos os anos nos que o día 25 de Xullo, día de Santiago, coincidisen en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III en 1.179.
Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1.896, e cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi tamen declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1.985