martes, 7 de febrero de 2012

A Catedral de Santiago de Compostela


A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a Península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para os reinos mediavais na península participasen nos movementos culturais da época: na actualidade seguem a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1.122 polo papa Calisto II declarou que sería o “Ano Santo” ou “Ano Xubilar” en Compostela todos os anos nos que o día 25 de Xullo, día de Santiago, coincidisen en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III en 1.179.
Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1.896, e cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi tamen declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1.985


No hay comentarios:

Publicar un comentario